Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concurso de barcanas e castelos de area na praia de Area Maior en Malpica

O Concello de Malpica, en colaboración coa Asociación de Amas de Casa e a Deputación da Coruña, convocou a vinte edición do Concurso de Barcanas e Castelos de Area, que se celebrará na praia de Area Maior o venres 27 de agosto, segundo informa o alcalde, Walter Pardo. As inscricións poden realizarse no departamento de Educación e Cultura, no Centro Cívico de Malpica en horario de 9.00 a 14.00 horas ata o 26 de agosto. A maiores, as persoas interesadas en participar poderán sumarse desde as 10.00 ás 10.30 horas do 27 de agosto na praia. Na competición deste ano existen tres modalidades: infantil, ata os 10 anos; amateur, de 10 anos en diante; e barcanas, cuxo requisito é que a escultura sexa unha barcana tradicional.

Haberá cinco premios. A modalidade amateur inclúe un primeiro posto, cun trofeo e un vale para compra e consumo en establecementos do municipio de 130 euros. Haberá tamén un segundo, con trofeo e un vale de 70 euros, e un terceiro, con trofeo e un vale de 50 euros. Ademais, entregarase un galardón á mellor barcana e á mellor escultura infantil.

Os establecementos interesados en formar parte da campaña de premios do concurso poderán formalizar a súa adhesión ata o xoves 26 de agosto. Para anotarse deberán chamar ao 981 707 104 en horario de 9.30 a 13.00 horas ou enviar un correo a anton.noceda@malpicadebergantinos.es.

23 ago 2021 / 19:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.