Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Concurso de marcapáxinas para conmemorar o Día das Letras Galegas na Laracha

A iniciativa vai dirixida ao alumnado de primaria de todo o municipio // A maiores haberá teatro, contacontos e un obradoiro de narración oral

A Laracha. Con motivo do Día das Letras Galegas 17 de maio celebrarase o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Xela Arias, A Laracha desenvolverá unha programación dirixida ao público infantil e familiar.

A iniciativa máis novidosa será o concurso de marcapáxinas no que se convida a participar a todos os nenos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. As elaboracións deben ser dun tamaño de vinte centímetros de alto e seis centímetros de ancho e, preferentemente, feitas en cartolina, e poden presentarse ata o 14 de maio en calquera das bibliotecas municipais (A Laracha, Paiosaco e Caión). Haberá dúas categorías de participantes: por unha banda, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria, e por outra, os de 4º, 5º e 6º de primaria. En cada grupo haberá dous premios compostos por lotes de libros ou material didáctico e educativo. Ademais, os dous traballos de cada categoría mellor valorados polo xurado serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da rede de bibliotecas municipais.

ESPECTÁCULOS INFANTÍS. Os espectáculos infantís tamén terán unha ampla presenza no programa municipal das Letras Galegas. O venres 14 de maio será o primeiro no CEIP de Caión a partir das 17:00 horas con Xeliña fala galego, un contacontos a cargo de Caxoto e dirixido a nenos a partir dos seis anos de idade.

O domingo 16 desde as 12:00 horas no baixo da biblioteca municipal da Laracha ofrécese o contacontos para bebés (desde os seis meses e ata os catro anos) Brilla brilla, de Trémola Teatro.

O propio día das Letras Galegas, 17 de maio, a Casa da Cultura acollerá a partir das 18:00 horas a peza teatral Rosalía de Culturactiva e centrada na infancia da poeta. Vai dirixida ao público infantil e familiar.

O programa pecharase o martes 18 no Centro Sociocultural de Paiosaco, ás 17:30 horas, cun obradoiro de narración oral para nenos de 3 a 12 anos de idade a cargo de Carmen Conde.

10 may 2021 / 11:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.