Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contacontos e teatro para despedir a semana na Laracha

“Brincadeira Pirata” dirixido á rapazada, hoxe no CEIP de Caión // A comedia “Go On!” terá lugar mañá no centro sociocultural de Paiosaco para o público adulto

A Laracha. Dúas propostas culturais –unha dirixida ao público infantil e, a outra, a adultos– terán lugar hoxe e mañá na Laracha.

Esta tarde os máis pequenos disfrutarán do contacontos participativo Brincadeira Pirata, a cargo de Teatro Calavera. Trátase da primeira das funcións previstas no programa do Mes do Libro, organizado coa finalidade de fomentar a lectura entre os nenos. Terá lugar no CEIP de Caión a partir das 18:00 horas con entrada gratuíta. Debido ás limitacións de aforo, terán preferencia de acceso os nenos e nenas, e soamente se permitirá o acompañamento de persoas adultas no caso de que non se cubra a capacidade máxima da sala.

Por outra banda, mañá representarase a segunda función da Primavera Teatral no centro sociocultural de Paiosaco, a partir das 20:00 horas. Será o turno da comedia Go On!, de Malasombra Producións, na que Xoque Carbajal e Jouse García dan vida a dous exploradores que percorren e parodian os costumes, refráns, cancións e a cultura galega en xeral adentrándose nas terras galaicas a través da ruta xacobea.

O aforo será limitado e o acceso será por orde de chegada ata completar o máximo permitido.

15 abr 2021 / 12:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.