Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Contratados nove operarios na Laracha a través do Plan de Emprego Local

A Laracha. Os nove empregados municipais que o Concello larachés incorpora por un período de seis meses no marco do Plan de Emprego Local (PEL) 2022 impulsado pola Deputación formalizaron este martes os seus contratos. O acto estivo presidido polo alcalde, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez.

En concreto son cinco peóns de obras e servizos, dous capataces e dúas traballadoras como persoal de servizos xerais os que se contraron para desenvolver traballos e intervencións de interese municipal. O proceso selectivo realizárase polo sistema de concurso-oposición, valorándose a experiencia profesional e a formación de cada candidato, ademais da realización dunha proba.

Os capataces e peóns formarán cuadrillas de obras e servizos. Encargaranse de actuacións como o mantemento de infraestruturas públicas, colocación de sinalización, reparación de beirarrúas e sumidoiros, acondicionamento do terreo para a ubicación de colectores, conservación medioambiental, limpeza viaria e apoio loxístico aos servizos municipais. O persoal de servizos xerais desenvolverá, principalmente, traballos de índole administrativa. M. LAVANDEIRA

01 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.