Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Convenio coa Asociación Vieiro para a prevención das drogodependencias

CARBALLO. O alcalde carballés, Evencio Ferrero, asinou un novo convenio anual de colaboración coa Asociación Antidroga Vieiro, que estivo representada pola súa presidenta, Fina Rey, e o seu vicepresidente, Xosé María Arán. Ao acto asistiu tamén a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures. O Concello realizará unha achega de 6.000 euros para financiar o programa de prevención da exclusión social que promove a entidade, con sede en Carballo, cuxos representantes agradeceron a colaboración municipal.

O obxecto do convenio é o desenvolvemento por parte de Vieiro dos programas de saúde e prevención en drogodependencias e outras condutas adictivas nos ámbitos comunitario, escolar, familiar, xuvenil e laboral, ademais do programa de formación e información.

Con respecto a este último, segundo o balance anual que vén de presentar a entidade, no 2022 foron atendidas un total 349 persoas. Ademais do convenio de colaboración para loitar contra a exclusión social, a Asociación Antidroga Vieiro tamén recibe este ano outros 7.166,95 euros para o desenvolvemento do programa escolar de educación afectivo-sexual Quéreme ben, neste caso con cargo á liña de subvencións convocada pola Concellaría de Igualdade e Benestar para as entidades que desenvolven o seu labor no ámbito social. MANUEL LAVANDEIRA

28 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.