Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Convocadas as axudas GALP para iniciativas relativas ó mar

Malpica. O Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) Costa da Morte informa que este xoves, día 27, foi publicada a orde pola que se convocan axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

Están destinadas a xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc. que presenten proxectos relacionados co mar. O territorio de actuación comprende os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo.

Os promotores disporán ata o 27 de febreiro para a presentación telemática de solicitudes. Para mais información poden poñerse en contacto co GALP a través do teléfono 981 707378 ou no correo galp.mar.costadamorte@xunta.gal, e tamén de xeito presencial na oficina sita no edificio do Centro Comarcal de Bergantiños, en Buño (Malpica), de luns a venres de 8.30 a 15.00 horas.

28 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.