Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corme converteuse no epicentro da educación en pro da convivencia

CORME. A comunidade educativa do Concello de Ponteceso, formada por persoal docente, pais, nais e departamento de orientación, intercambiou impresións con Juan de Vicente Abad, docente experto en resolución de conflitos, interculturalidade e convivencia escolar o pasado 20 de novembro.

A reunión tivo lugar no Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte (MACCMO) e foi organizada polo Centro de Formación e Recursos do Profesorado da Coruña no marco do Espazo Educar, un proxecto que ten por obxectivo que a educación se converta nun punto de encontro entre pais, nais, profesorado, alumnado e outras entidades da contorna.

Despois do faladoiro, fíxose unha visita guiada polo museo, e un roteiro pola vila de Corme, organizada polo departamento de Turismo e guiada polo técnico local Javier Couto. JAVIER SALUTREGUI

23 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.