Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Corrixida a turbidez na auga da rede municipal que abastece a Corme

PONTECESO. O Concello pontecesán informa que a turbidez detectada na auga da traída municipal que abastece a Corme nas últimas semanas “xa está corrixida”. Recalcan que este estado turbio “aumenta en todas as traídas coas choivas intensas, como as vividas ao longo das últimas semanas”.

Lembran que o Concello xa investiu na reforma das tubaxes das traídas que teñen máis de cincuenta anos, como a das Forcadas, “e queremos seguir mellorando os sistemas de depuración”. Sinalan que ademais das analíticas que fan periódicamente Sanidade e a empresa concesionaria do subministro, tamén se están a realizar análises da auga por parte dun laboratorio externo, por encargo do propio Concello de Ponteceso. Tanto “as analíticas da empresa como as encargadas polo Concello son enviadas a Sanidade”, explican. M. L.

17 feb 2021 / 16:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.