Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Críticas do PP de Ponteceso aos dirixentes da Deputación por non recibilos para falar do POS

Insiste o seu portavoz, Daniel García, que “o único responsable” de que non se aprobase “é o alcalde”

O portavoz do PP de Ponteceso, Daniel García, acusa de “deslealdade” aos dirixentes da Deputación da Coruña, despois de coñecer que o vicepresidente recibiu aos veciños que solicitaron unha reunión para falar do Plan de Obras e Servizos “cando aos concelleiros nin sequera nos deron resposta”.

García Cotelo lembrou que os cinco edís non adscritos e os concelleiros do PP solicitaron unha reunión co presidente provincial para tratar de explicarlle os proxectos que poderían incluírse no POS e que si contaban co respaldo maioritario da corporación. “Pedimos por rexistro a reunión o día 8 de marzo e aínda non tivemos resposta”, explicou o popular, satisfeito de que si recibiran aos veciños pero “sorprendido” ante a nula resposta “aos que representamos á inmensa maioría dos veciños de Ponteceso”.

Ante esta situación, fanse eco das explicacións dadas polo vicepresidente nacionalista da Deputación, que asegurou ante os veciños que “con diálogo” hai posibilidades de arranxar a situación. “Diálogo é o que nós estamos a ofrecer desde o primeiro momento, pero nin o alcalde nin os mandatarios do PSOE provincial escoitaron as nosas propostas”, lembrs García Cotelo, que quixo tamén insistir en que o Partido Popular votou en contra do POS presentado polo alcalde en minoría á vez que presentou unha alternativa que incluso enviouse por escrito á Deputación.

“Xa estamos fartos de que se nos sinalen por que non haxa POS en Ponteceso. O único responsable desta situación é o alcalde, que non ten maioría para gobernar e que non ten capacidade de diálogo con ninguén”, explicou Cotelo, que engadiu que “por responsabilidade política e por respecto aos nosos veciños, non podemos aprobar que o POS se destine a gasto corrente, tendo en conta as necesidades que hai no municipio”, en referencia a obras pendentes, pago a provedores e mantemento dos postos de traballo en Servizos Sociais.

26 mar 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.