Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Críticas do PSOE pola retirada da bandeira LGTBI do concello de Malpica

Os socialistas de Malpica fixeron público o seu malestar pola decisión do PP de retirar do concello a bandeira que simboliza a defensa dos dereitos do colectivo LGTBI. “Uns días despois do asalto o poder tras a moción de censura, o PP non ten mellor cousa que facer que retirar a bandeira, posta polo goberno de esquerdas que lideraba o PSOE en defensa das liberdades e dos dereitos LGTBI”, lamenta Walter Pardo.

Lembra que ata o pasado 31 de xullo, rexistráronse este ano en España un total de 748 delitos susceptibles de ser calificados como delitos de odio, nun elevado número de casos agresións por orientación sexual e identidade de xénero. “As persoas temos que ter o dereito de ser e de sentir libremente, por iso hai que apoiar os colectivos que esten sendo agredidos. O meu total apoio hoxe e sempre a todas as persoas que se sintan maltratadas ou rebaixadas. Ninguén é máis que ninguén. A bandeira que nos debería cubrir a todos é a da empatía”, asevera o ex alcalde socialista de Malpica.

“Cando saímos do goberno, Malpica quedaba no 2021, pero grazas á moción agora volve a censura e a ocultación, preguntámonos cantos anos vai retroceder este concello co novo bipartito”, remata Pardo.

15 sep 2021 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.