Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cupo cuberto no primeiro dos catro cursos de poda programados en Carballo

Bergantiños. O Concello de Carballo e Dixardín puxeron en marcha un novo ciclo de cursos de poda, que comezaron este sábado en Outón (Rus) co cupo de vinte participantes cuberto.

As próximas citas son o 28 de xaneiro en Artes, o 4 de febreiro en San Miguel de Vilela e o día 11 en Sísamo. Os cursos realizaranse de 10.00 a 13.00 horas. As prazas son limitadas, e as inscricións realizaranse enviando un correo electrónico a comunicacion@carballo.gal indicando nome e apelidos, parroquia de residencia e lugar de preferencia para realizar o curso. As prazas outorgaranse por orde de chegada, intentando respectar a preferencia das persoas solicitantes sempre que sexa posible.

A iniciativa forma parte do programa medioambiental Catro estacións, promovido polo Concello de Carballo coa colaboración do centro especial de emprego Dixardín, e vinculado á creación e mellora das zonas verdes e arboradas e dos espazos axardinados do territorio carballés.

O principal obxectivo, segundo subliñan dende o goberno local, “é implicar á veciñanza na conservación dos espazos públicos a través dunha serie de iniciativas orientadas a fomentar o coñecemento da nosa riqueza de flora, poñer en valor os recursos naturais do territorio e fomentar o respecto polos xardíns como bens comunitarios”. M. LAVANDEIRA

22 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.