Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Curso sobre coidados a persoas con dano cerebral na Laracha

A Laracha. As alumnas da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais do obradoiro de emprego A Laracha VII realizaron un curso de atención no fogar de persoas con dano cerebral. Foi impartido pola Federación Galega de Dano Cerebral, cunha duración de 8 horas e ca meta en capacitar ao persoal para a atención específica dese tipo de persoas.

Á fronte do curso estiveron unha técnica de formación, a traballadora social da federación e a terapeuta ocupacional da Asociación de Dano Cerebral da Coruña. Traballaron aspectos como a detección do dano cerebral, as pautas para avaliar a evolución da persoa afectada, habilidades comunicativas, transferencias e cambios posturais, hixiene, curas, acompañamento no tempo libre e actividades de lecer.

Esta formación complementa á que xa recibiron dentro do obradoiro de emprego A Laracha VII para a obtención do certificado de profesionalidade. E ao longo desta semana, as alumnas traballadoras van iniciar a última quenda de prácticas nos centros de día e residenciais da Laracha, Arteixo e no Padre Rubinos da Coruña. c.l.

07 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.