Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan as melloras de seguridade no porto malpicán

Malpica. A Comisión de Pesca debaterá este martes no Parlamento de Galicia as propostas do BNG para instar á Xunta a executar á maior brevidade posible as obras de mellora da seguridade da dársena de Malpica, “e a comprometerse a incluír nos orzamentos do 2022 unha cantidade suficiente para a súa execución íntegra, ou no caso de realizarse por fases, incluír a contía para a execución dunha primeira fase”.

A iniciativa foi presentada polos deputados nacionalistas Daniel Pérez e Rosana Pérez, e ao debate foron convidados o patrón maior e o secretario da confraría de pescadores e a nai de José Ángel Sanjurjo, falecido en decembro do ano 2018 nun naufraxio na dársena.

Na sesión parlamentaria, dende o BNG interesáranse pola fase en que se atopa o proxecto de mellora da seguridade, polos resultados do estudos realizados sobre as ondas no interior do porto malpicán e que previsión temporal ten a Xunta para a execución das obras.

Asemade, preguntarán se a Administración autonómica considera que o sistema de alerta posto en marcha no proxecto MarkRisk “resolve os problemas de seguridade da dársena e no canal de acceso á mesma”. M. LAVANDEIRA

19 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Mar
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.