Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan dende o BNG o segundo centro de saúde para Carballo

Carballo. O BNG de Carballo impulsou unha campaña de recollida de firmas a través da plataforma Change.org para demandar á Xunta que constrúa un segundo centro de saúde na capital de Bergantiños. A iniciativa foi presentada coincidindo co día de mercado polo alcalde, Evencio Ferrero, o deputado autonómico Daniel Pérez e o deputado provincial Xosé Regueira.

O rexedor asegura que o actual centro de saúde “está no límite da súa capacidade”. Lembra que dá cobertura a unhas 35.000 cartillas e en agosto “dos 19 profesionais só estiveron traballando 5”. Pola súa banda, Xosé Regueira sinalou que outros concellos cos mesmos habitantes ou menos “xa teñen dous ou máis centros, e Carballo non pode quedar atrás”. Por iso, o BNG, segundo anunciou Daniel Pérez, presentará unha iniciativa no Parlamento de Galicia, pois consideran que a proposta do PP de reformar o actual e concentrar alí especialidades para dar servizo a toda a comarca saturaría aínda máis o servizo de atención primaria en Carballo.

“A saúde ten que ser unha prioridade para calquera goberno”, concluíu o alcalde, que agarda que Sanidade atenda esta petición. M. l.

07 oct 2021 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.