Demandan explicacións do alcalde de Ponteceso polo convenio do parque eólico
O concelleiro non adscrito Daniel García volve a pedir a dimisión do alcalde de Ponteceso, Lois García, “pero antes queremos que dé as explicacións correspondentes aos veciños” ante os procesos xurídicos abertos contra o rexedor, “e agora tamén contra o secretario municipal, imputado igualmente por prevaricación” por unhas presuntas irregularidades nos convenios asinados coa empresa promotora do parque éolico de Corme.
Daniel García asegura que os veciños e propietarios de montes “xa viñan denunciando esto desde 2019, e desde a oposición xa presentamos numerosas preguntas nos plenos”. Entende que o alcalde debe explicar porque se lle deron “tantas facilidades á empresa e por que está a favor da compañía e en contra da veciñanza”
Asemade o edil pontecesán pregúntase “por que se oculta a licenza de obras do parque eólico” e quere coñecer os convenios.