Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Demandan máis medios para a Unidade de Desenvolvemento Infantil de Carballo

O PSOE alerta de que a lista de espera para atender aos menores é de un ano

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, alertou este xoves no Parlamento “de graves desigualdades na atención temperá para a poboación infantil de 0 a 6 anos en función do lugar de residencia”, e presentou unha pregunta oral pola situación da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio á Infancia -Udiaf- de Bergantiños, en Carballo, “onde deixan moitos usuarios sen atender por unha lista de espera de un ano”, afirmou.

Na Udiaf bergantiñaña atendéronse o ano pasado a 113 menores de 0 a 6 anos da comarca, o 3,6 por cento da poboación dese rango de idade, se ben “moitos usuarios aínda non puideron recibir atención pola lista de espera”, afirmou. Aludiu ao informe anual da Unidade, presentado recentemente para demandar a necesidade de ampliar o servizo, que actualmente conta con tan só 3 profesionais.

Na mesma zona, sinalou, “en Soneira hai 4 profesionais para 85 nenos e nenas que o requiren, cunha lista de espera dun mes, e na Laracha hai 4 profesionais para 35 rapaces e rapazas, neste caso sen lista de espera”. Alertou de que esta “é a consecuencia dos recortes do goberno galego, que ademais de manter unhas plantillas certamente escasas de persoal, moitos deles padecen a inestabilidade laboral dos contratos precarios”.

Lembrou ademais a moción aprobada por unanimidade no Concello de Carballo que lle reclama á Consellería máis medios materiais e humanos para a Udiaf. Esta proposta inclúe a petición de que doten á Rede Galega de Atención temperá con criterios obxectivos en base á poboación diana e blindar o servizo a través de financiamento plurianual.

30 jun 2022 / 19:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.