Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dende o PP carballés negan que a Xunta vaia construír un novo centro de saúde

Carballo. O Partido Popular de Carballo reclamou, a través do seu concelleiro, Rubén Lorenzo, que o goberno municipal faga todo o que estea na súa man para que o municipio conte canto antes co centro de saúde intregral (CIS). Valoran moi positivamente os avances e o consenso logrado tras a reunión mantida por representantes do executivo local e o conselleiro de Sanidade, na que se analizaron as fórmulas urbanísticas necesarias para habilitar o CIS, pero negan que a Xunta pretenda a construción dun novo centro de saúde, tal e como se apuntou dende o Concello.

“Conscientes de que a instalación pasa pola ampliación do actual centro de saúde reclamamos a colaboración do Concello para poder ampliar a superficie, pasando dos 3.800 metros cadrados actuais aos 5.600 necesarios para dotar de novos servicios sanitarios e persoal para avanzar na atención primaria á veciñanza”, afirman.

Negan ademais que a Xunta pretenda a construción dun novo centro de saúde, “senón ampliar o actual”, explicou o edil popular, que calificou de “incomprensible” a actitude do alcalde e o seu grupo de goberno, aos que acusa “de votar en contra da moción do PP e, posteriormente, reclamar a construción dun segundo centro de saúde a 800 metros do actual”, medida que, segundo Lorenzo, resulta “inoperativa e incómoda” para os usuarios.

“O que non debe facer un goberno local é propor ideas, dar bandazos e poñer en marcha unha recollida de firmas e confundir á xente”, engadiu. Pídelle ao executivo municipal que “abandone a confrontación coa Xunta de Galicia, que deixe de faltar á verdade utilizando os medios oficiais do Concello, e non confunda dicindo que o Executivo autonómico prentende facer un novo edificios pegado ao centro de saúde xa existente”.

Por último, o concelleiro dos populares insistiu en que “só a suma de vontades e a lealdade institucional axilizarán un proceso que permiturá dar un salto de calidade na atención sanitaria da nosa vila e por extensión da nosa comarca de Bergantiños”.

26 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.