Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desestimada a denuncia de posibles danos no castro de Montes Claros

Técnicos de Patrimonio Cultural elaboraron un amplo informe sobre o estado dun petróglifo

A Laracha. O equipo que está a poñer en valor o castro de Montes Claros da Laracha, que dirixe a arqueóloga Puri Soto, confirmou a través da rede social do xacemento que foi desestimada a denuncia sobre unha presunta destrución ou agresión a un posible petróglifo inédito do castro durante as tarefas de limpeza.

Aseguran que foi rexeitada “tras a correspondente inspección e elaboración dun nutrido informe por parte dos servizos territoriais da delegación provincial da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural”. Sinalan que “a iniciativa de recuperación deste castro, non obedece a unha improvisación”. Lembran que o proceso comezou en 2009 “e invertiuse moito esforzo en realizar unha modificación do planeamento ata acadar unha nova calificación urbanística que garantizase a protección, investigación e promoción de sete xacementos do Concello larachés sendo o Castro de Montes Claros e a Pedrafita de Erboedo os primeiros en pasar a propiedad pública”.

Din que todas as actuacións de mantemento foron “correctamente planificadas e autorizadas e realizadas con control arqueolóxico”.

Respecto ao “presunto petróglifo” reflexado na denuncia, supoñen que “facía referencia á pedra máis senlleira do castro: A Pegada ou Patada do Xentil. As lendas, recollidas po Carré Aldao e Rodríguez Casal, contan que nesta pedra “quedou impresa a patada dun cabaleiro xentil que fuxiu apresuradamente xunto ao seu cabalo, deixando ambos as pegadas”. M. L.

07 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.