Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desvelan no dolmen de Dombate os segredos da COVID

Acolleu a primeira sesión das xornadas A Luz da Ciencia // As conferencias poderán seguirse a partir do 10 de xuño nas webs da Deputación e o Concello de Cabana

O dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños) acolleu a primeira sesión das segundas xornadas A Luz da Ciencia, centrada na COVID, e na que a evolución da vacinación contra a enfermidade e as consecuencias do virus foron os temas centrais. O contido estará dispoñible para o público a partir do 10 de xuño en www.dacoruna.gal e www.cabana.gal.

O coordinador e xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, Federico Martinón, abriu a sesión coa ponencia Covid-19 e vacinas. Quen pode máis?, e analizou a evolución do proceso de vacinación e as súas consecuencias para a sociedade. Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, explicou as causas polas que algunhas persoas teñen problemas graves coa COVID e outras son asintomáticas. A xornada pechouse cunha mesa redonda entre os ponentes, aos que se lles uniron o catedrático en Física Aplicada, Jorge Mira, e o xerente da Área Sanitaria da Coruña-Cee, Luis Verde Remeseiro.

Ao acto asistiron tamén o vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira; o deputado de Patrimonio, Xosé Luis Penas; e o alcalde de Cabana, José Muíño.

Ó longo do sábado pecharase esta segunda edición coas ponencias de Marisa Juanes Carrasco, doutora en Ciencia e Tecnoloxía Química pola USC, con A importancia da química na loita contra a COVID, e a de Margarita Poza Domínguez, investigadora sénior do Instituto de Investigación Biomédica e profesora asociada da UDC, quen disertará sobre os Sistemas epidemiolóxicos de alerta temperá: entendendo a evolución da pandemia da COVID en augas residuais.

28 may 2021 / 19:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.