Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diferenzas de apreciación nos proxectos para Malpica

Malpica. O alcalde de Malpica, Eduardo Parga (PP) anunciou que pretende recuperar proxectos que estaban “parados” e que dependen da Xunta e, por iso, xa iniciou conversas coas distintas consellerías para tratar de sacalos adiante. Entre eles figuran a dinamización do polígono ou as reformas pendentes no porto pesqueiro da localidade.

Dende a oposición, o exalcalde, Walter Pardo (PSOE), di que foi a Xunta quen “ignorou e desatendeu” as súas demandas nos dous últimos anos “por ser de distinta cor política e rompeu as relacións que agora pretende retomar o goberno do PP”. A pesares de todo recalca as xestións feitas para mellorar os servizos portuarios, os centros públicos e o saneamento”.

O actual rexedor asegura que “á marxe de se os proxectos non saíron adiante porque o anterior alcalde non puido ou non soubo, o que nós queremos é poder levalos a cabo, que é o importante”.

Por outra banda, Eduardo Parga, sinalou que a distribución de competencias do novo goberno será aprobada no vindeiro pleno ordinario. O acordo co edil non adscrito, Alfredo Cañizo, contempla manter as tres dedicacións exclusivas que xa tiña o anterior goberno, dúas para o PP (unha será a do alcalde) e a outra para o concelleiro que os apoia. “Tamén se manterá o custe salarial das mesmas nesta lexislatura”, sinalou o rexedor, que está a ultimar o reparto de concellerías. M. L.

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.