Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Directivos de Protección Civil acusan ao alcalde de Ponteceso de querer botalos fóra

Din que convocou unha reunión a unha parte dos voluntarios, e finalmente “non apareceu ninguén”

A xunta directiva da agrupación de Protección Civil de Ponteceso acusan ao alcalde, Lois García, de convocar unha reunión o pasado día 3, á que finalmente “non apareceu ninguén”, aseguran. Din que á xuntanza só foran convocados algúns voluntarios, “uns por carta certificada, outros por Whatsapp, e outros non foron citados”. O máis chamativo, engaden, é que “ao día seguinte manda unha notificación indicándonos que se suspendía a reunión. Isto non ten nome”.

Na orde do día só figuraba un punto: “Acordos que procedan”. Os directivos aseguran que a intención do rexedor era “botar fóra aos voluntarios que non lle son afíns e tamén á xunta directiva, e así elexir unha a dedo ao seu servizo para usar esta agrupación para o seu interés persoal e non para colaborar e axudar aos veciños”.

Consideran que esta acción “vulnera os dereitos de información e participación que nos asisten como voluntarios, porque o alcalde nin ten competencia nin é ninguén para convocar unha asamblea”, e lembran que “fomos elexidos democraticamente por catro anos”.

Alertan ademais á veciñanza que “teñan moito coidado e desconfíen das persoas que ultimamente van vestidos cos uniformes de Protección Civil e aparecen nas imaxes de Facebook do concello porque non todos son voluntarios desta agrupación e poden non ser de fiar”, conclúen.

05 jun 2021 / 19:37
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.