Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Diversidade e crises migratorias centraron un encontro europeo en Bulgaria

O alcalde da Laracha, José Manuel López, compartiu reflexións con representantes de dezasete países

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, representou ao longo desta semana ao Concello da Laracha nun evento do programa Europe for Citizens que tivo lugar nas localidades búlgaras de Sofía e Knezha e no que participaron municipios e entidades de dezasete países europeos (Bulgaria, España, Hungría, Alemaña, Portugal, Eslovaquia, Letonia, Estonia, Italia, Polonia, Francia, Grecia, Croacia, Suecia, Malta, Chipre e Romanía).

O evento versou sobre a Europa da diversidade e tratáronse aspectos relacionados coa integración e a socialización das persoas migrantes. De feito, o obxectivo principal centrouse na creación de novas perspectivas a través do diálogo e da reflexión sobre cuestións migratorias, historia e diversidade dos diferentes países do continente. Deste xeito os participantes puideron comprender mellor a Unión Europea e afondaron na súa posición actual sobre a temática das migracións e a busca alternativa de novos retos para superar os problemas xurdidos polas situacións actuais. Por tanto, alentouse aos participantes a intercambiar opinións e formular novas ideas e propostas concretas cara o futuro.

Para alcanzar os propósitos do proxecto, e en liña coas prioridades de Europe for Citizens, creouse unha rede a longo prazo entre as entidades e institucións participantes que quedará aberta aos valores da amizade, solidariedade, diálogo intercultural e interaccións entre os cidadáns cun enfoque ascendente deste programa europeo.

Durante o desenvolvento do evento, os participantes foron recibidos polo Gobernador Mario Todorov, xefe do Distrito de Pleven, e estiveron en contacto en todas as xornadas con Iliycho Lachkovski, alcalde de Knezha e organizador. Entre as diversas actividades realizadas cabe salientar a xornada de traballo no Parlamento de Bulgaria coa deputada nacional Rositsa Todorova.

04 sep 2021 / 18:32
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.