Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Doce mozos de varios países participan en traballos arqueolóxicos

A Laracha. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, visitaron, aos participantes do campo de voluntariado do Castro de Montesclaros, no que 12 mozos de diferentes países e localidades de Galicia e de España, participan en traballos arqueolóxicos de delimitación e limpeza do castro e do seu entorno.

Os asistentes teñen entre 18 e 30 anos e a súa estadía comezou o 26 de xullo e rematará este sábado. Durante este tempo, os voluntarios realizan tarefas de delimitación e limpeza da zona perimetrada, e levan a cabo o acondicionamento do camiño de acceso e a sinalización. Este campamento ofrece a oportunidade de descubrir diferentes tipos de culturas, costumes e modos de vida, xa que coñecenrán a cultura castrexa e a forma de vida céltica co seu compoñente social.

Os participantes tamén fixeron actividades de aventura, talleres medio ambientais e de debuxo arqueolóxico, xogos deportivos, rutas de sendeirismo e visitas. m.b.

06 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.