Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dombate convidará a viaxar no tempo a través das visitas guiadas nocturnas ao dolmen

Cabana. O presidente da Deputación, Valentín González, e o alcalde de Cabana, José Muíño, asinaron o convenio de colaboración para seguir promovendo a difusión cultural do centro arqueolóxico do dolmen de Dombate, grazas a unha achega de 60.000 euros para o ano 2021.

Ata o 30 de xuño, o horario de visitas é, de martes a venres, de 10.00 a 14.00 horas e nas fins de semana de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A partir do 1 de xullo e ata o 15 de setembro poderase acudir de luns a domingo entre as 11.00 e as 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas. Ademais, os días 9 e 23 de xullo e 6 e 20 de agosto haberá visitas guiadas nocturnas. Para as inscricións están habilitados o correo cultura.concello@gmail.com e o número de teléfono 981 75 40 20.

O rexedor cabanés agradeceu a colaboración da Deputación “á hora de difundir e promover actividades culturais en Dombate, un dos puntos neurálxicos da arqueoloxía en Galicia e símbolo de toda a Costa da Morte”. “Queremos seguir traballando en conxunto polo ben do noso patrimonio, ben sexa a través do proxecto de aulas científicas como polo programa de visitas guiadas”, engadiu Muíño Domínguez. M. L.

16 abr 2021 / 16:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.