Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dombate exhibe a obra pictórica do artista carballés José Manuel Caamaño

A exposición ‘Desconexións’ seguirá no centro arqueolóxico do dolmen en xullo

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate seguirá contando ao longo do mes de xullo coa exposición Desconexións, do artista carballés José Manuel Caamaño, organizada polo Concello de Cabana coa colaboración da Deputación da Coruña e Ponteceso Cultura Permanente.

A mostra está composta por reproducións pictóricas de imaxes de diversa índole coas que Caamaño busca trasladar a evolución da súa obra partindo do emprego de materiais como o carboncillo e a tinta chinesa, aplicándoos á disciplina do retrato, a gran protagonista da exposición. O autor valora moi positivamente o feito de expoñer as súas pinturas no Dolmen de Dombate sinalando que "é un espazo impresionante pola súa beleza e valor patrimonial e ademais recibe moitas visitas, polo que os meus debuxos poden chegar a un gran número de xente’’.

Deste xeito, o Concello de Cabana e a Deputación da Coruña danlle continuidade a unha mostra coa que, como sinalan desde o goberno local, reafirman a “aposta polos artistas e o talento da contorna” e convidan a que todas as persoas que pasen durante o mes de xullo polo centro arqueolóxico “gocen do impresionante traballo que nos ofrece José Manuel Caamaño”.

30 jun 2022 / 18:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.