Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dorinda Rebón: “O segredo para poder durar cen anos é que nunca me casei”

A Laracha. Dorinda Rebón Velo celebrou o seu 100 aniversario na súa vivenda do lugar de Condes, na parroquia de Soandres (A Laracha), na mesma casa na que naceu e na que sempre residiu, actualmente xunto ao seu fillo Desiderio, a súa nora Aurora e as súas dúas netas, Sandra e Lucía. O alcalde, José Manuel López, visitouna para felicitarlle o aniversario e agasallala en nome da Corporación cunha placa e un ramo de flores.

Dorinda é a maior de once irmáns e ten vinte e tres sobriños. Tivo un único fillo, de solteira, e afirma que “o segredo para durar cen anos é que nunca me casei”. Dedicouse durante moitos anos á agricultura e á gandería. Considerando a súa idade, atópase nun envexable estado de saúde, tanto física como mental, e asegura acompañar todos os días o xantar cun vaso de viño e un café. No Concello hai oito veciños con máis dun século de vida, seis mulleres e dous varóns. M. Lavandeira

30 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.