Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dous días de loito oficial en Malpica polo pasamento de dous veciños da localidade

As bandeiras da Casa do Concello ondean a media hasta dende esta mañá

O Concello de Malpica, en acordo con todos os representantes dos grupos políticos que integran a corporación, decidiu esta mañá decretar dous días de loito oficial, desde o venres 2 de outubro ás 00:00 horas ata o sábado, 3 de outubro, ás 23:59 horas, así como que as bandeiras ondeen a media hasta, tras coñecerse a noticia do falecemento de dous veciños da localidade a pasada madrugada na zona do peirao da vila.

Deste xeito, quedan suspendidas as actividades municipais programadas para esta fin de semana e os centros municipais permanecerán pechados.

Desde o Concello, amosan o seu pesar e a súa dor polo seu pasamento, e trasládanlle o pésame aos seus familiares e amigos.

01 oct 2020 / 15:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.