Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dous novos obradoiros en Malpica para persoas maiores e con diversidade funcional

Arranxos florais e memoria son as propostas que se desenvolverán en Buño e no Centro Cívico municipal

Malpica. Esta mañá comezaron os obradoiros de arronxas florais e memoria destinados a persoas maiores e con diversidade funcional co obxectivo de promover a sáude mental e física destes colectivos. Segundo informan dende o consistorio, “as persoas asistentes mostráronse satisfeitas e con ganas de acudir á segunda cita”.

Os talleres realizaranse tanto nas instalacións do Centro Cívico municipal como nas da Casa do Oleiro de Buño. As sesións do obradoiro de memoria desenvolveranse os luns de 10:00 a 11:00 horas en Buño e os mércores de 10:30 a 11:30 en Malpica.

No caso da formación en arranxos florais, os participantes estarán divididos en dúas clases cunha duración de dúas horas. Serán os luns ata o 28 de xuño en Buño de 16:00 a 18:00 horas no primeiro grupo e de 18:00 a 20:00 horas no segundo. O Centro Cívico acollerá a segunda quenda da semana todos os mércores ata o 30 de xuño mantendo os mesmos horarios.

O concelleiro de Benestar, Sergio García, manifestou a súa satisfacción “co éxito da iniciativa, que completou todas as prazas dispoñibles ás poucas horas de abrirse a convocatoria”. Neste sentido, asegurou que “o goberno local seguirá apostando por organizar actividades que potencien o benestar de toda a veciñanza”.

03 may 2021 / 18:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.