Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas feridas nunha colisión frontolateral entre dous turismos en Traba de Laxe

Tiveron que ser excarceradas polos bombeiros // Unha das condutoras foi evacuada en helicóptero ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Dúas mulleres resultaron feridas nunha colisión frontolateral entre dous turismos nunha vía local de Traba de Laxe. A raíz do accidente, unha das condutoras tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e a outra foi trasladada a bordo dunha ambulancia. Os feridos, que ocupaban distintos vehículos, tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

Sucedeu ás 15.15 horas. O 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha testemuña da colisión. No seu relato, indicaba que era necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberar a dúas persoas implicadas nun choque entre dous turismos na recta de Traba de Laxe.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 pasouse aviso de inmediato aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización da aeronave medicalizada con base en Santiago ata o punto. Ademais, co fin de prestar apoio ao equipo médico e realizar as tarefas de excarceración dos implicados, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Bergantiños e dos membros do GES de Ponteceso.

Ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Laxe co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía.

29 ago 2022 / 21:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.