Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas persoas feridas de gravidade nun accidente en Ponteceso

O turismo no que viaxaban quedou envorcado na estrada, á altura da Campara // Unha muller foi evacuada en helicóptero a un centro hospitalario

Dúas persoas, un home e unha muller, resultaron feridos de gravidade como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido en Ponteceso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse no lugar da Campara, pouco antes das once desta mañá, tal e como indicou a persoa que chamou ao servizo de emerxencias para pedir asistencia.

No seu relato dos feitos, indicou que o vehículo estaba envorcado no medio da estrada sen que os ocupantes puidesen saír. Os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros de Carballo e dos membros do GES de Ponteceso e do servizo municipal de Protección Civil para rescatar as dúas persoas, que necesitaron asistencia médica urxente debido á importancia das súas lesións. De feito, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 optaron pola mobilización do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela para o traslado dun dos feridos, concretamente da muller, mentres que o home foi evacuado nunha ambulancia.

Neste operativo, tamén interviñeron os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico. Ademais, para restablecer as condicións de seguridade na vía, foi necesaria unha limpeza da que se encargaron os efectivos do GES con base na localidade.

22 abr 2022 / 16:13
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.