Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas persoas trasladadas ao centro de saúde tras incendiarse o seu piso en Malpica

Os medios de extinción traballaron arreo durante toda a tarde do lunes ata dar por extinguido o lume nun piso da rúa Emilio González López, de Malpica, no que residían dúas persoas que foron trasladadas, por precaución, a un centro sanitario.

Segundo informaron os Bombeiros de Carballo, o lume produciuse nunha vivenda dun semisoto, e foi un particular quen deu a voz de alerta ao 112. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros, membros do GES de Ponteceso, a Garda Civil, efectivos de Protección Civil de Malpica e profesionais dos servizos sanitarios.

O lume, segundo sinalan os bombeiros, extendeuse por gran parte da vivenda, aínda que o foco principal estaba na estancia situada ao fondo, anexa a unha terraza. A extinción resultou dificultosa debido á gran cantidade de enseres (libros, revistas, roupa e outros materiais) que había no interior e ás altas temperaturas que se xeraron.

A vivenda sufriu cuantiosos danos debido tanto ao efecto do lume coma de fume. Descoñécese, segundo os bombeiros, a orixe do incendio, que non chegou a afectar a outras vivendas.

17 ene 2023 / 10:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.