Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Encontro da economía alternativa e solidaria no Casino de Carballo

o futuro inmediato

Carballo. O Casino 1889 de Carballo acolle hoxe, a partir das 11.00 horas, o quinto Encontro da Economía Alternativa e Solidaria baixo o lema A opción sostible e xusta ante a crise pandémica.

Está organizado pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), que representa a máis de 800 entidades en diferentes territorios e que este ano cumpre un cuarto de século. Os participantes no encontro explicarán o seu proxecto no espazo de micropresentacións Reascunchiño, que poderá seguirse tamén por streaming no Facebook de REAS Galicia.

Ademais terán lugar dous debates que ollan o futuro inmediato da rede de economía social galega, segundo sinalan os organizadores.

As entidades que integran a devandita rede achegan arredor do 7% do PIB de Galicia, e levan nos seus principios reguladores a responsabilidade social corporativa, o coidado dos dereitos humanos sociais e laborais, a sostibilidade ambiental e o compromiso co desenvolvemento local. Dende REAS aseguran que “o seu papel na crise aberta pola pandemia do covid-19 está a representar a alternativa eficiente e solidaria ao mantemento económico local e serve de rede de apoio humano”. No encontro avaliarán como se pode aproveitar esta rede para superar a actual crise. M. LAVANDEIRA

18 sep 2020 / 18:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.