Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Enquisa para identificar as desigualdades entre homes e mulleres da Laracha

A Laracha. O Concello larachés impulsou unha enquisa que permitirá identificar as principais desigualdades entre mulleres e homes que a día de hoxe poidan existir no municipio. O obxectivo principal é obter unha diagnose da situación actual que sirva de base para coñecer a realidade e deseñar actuacións municipais para os próximos anos que permitan paliar as situacións detectadas.

Para a realización contan coa colaboración dos mozos e mozas que participan no programa de voluntariado xuvenil que organiza o Concello co apoio da Consellería de Política Social. As entrevistas prolongaranse ata o día 15, período no que o voluntariado visitará as parroquias de Cabovilaño, Montemaior, Caión, Coiro, Lestón e Torás.

Este proceso de elaboración do novo Plan de igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes conta tamén coa colaboración de todo o persoal do concello, que participa na avaliación do plan de igualdade anterior. No pasado mes de agosto realizáronse presentacións do proxecto aos diferentes departamentos municipais –Servizos Sociais, Cultura, Deporte, Promoción Económica e Emprego, Urbanismo, etc.- nas que participaron máis de 30 persoas.

01 sep 2021 / 18:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.