Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entidades de Coristanco e Cabana presentan alegacións ao Parque Eólico Alto do Torreiro

A Coordinadora Bergantiñá pola defensa da terra mobilízase ante os impactos negativos no medio no que habitan // Solicitan máis información para toda a veciñanza

O pasado día 19 de Abril rematou o prazo para presentación de alegacións a PE Alto do Torreiro no seu documento de inicio sometido a consulta pública. Este parque eólico ocupa parte das parroquias de Corcoesto e Silvarredonda no Concello de Cabana e das parroquias de Valenza e Cereo no Concello de Coristanco. Uns dos principais puntos que denuncia a Coordinadora Bergantiñá pola defensa da terra (creada por varias plataformas, colectivos e entidades de Bergantiños) é a fragmentación irregular de dous parques, PE Alto do Torreiro e PE Bustelo Baralláns. “Ambos proxectos son idénticos, comparten liñas de evacuación, a mesma subestación colectora e a potencia instalada dos dous parques excede do 50MW. Por todo isto estamos ante un caso típico de fragmentación irregular, fragmentación que favorece na súa tramitación á empresa promotora ao non avaliar os impactos non seu conxunto senón fragmentados en dous parques”, sinalaron nun comunicado.

Outros dos aspectos que se denuncian son: a minimización dos impactos paisaxísticos sobre área de especial Importancia Paisaxística (AEIP) Río Lourido, a escasa distancia a once núcleos de poboación a afección á rede hidrolóxica subterránea e ás explotacións forestais dos municipios.

Dende a Coordinadora Bergantiñá pola Defensa da Terra, solicitan á Xunta a paralización da tramitación de parques eólicos. “Deben ofrecer información aos seus veciños sobre as afeccións destes parques eólicos, defender os seus valores paisaxísticos e patrimoniais, así como sectores tan importantes da economía dos seus Concellos como o agrícola, forestal ou turístico”, engadiron.

26 abr 2021 / 21:17
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.