Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entran na fase final as obras de mellora da estrada de Bos Aires a O Pereiro

O proxecto, valorado en 243.000 euros, está financiado integramente con fondos propios do Concello da Laracha

O Concello da Laracha asegura que os traballos de pavimentación da estrada que comunica Bos Aires con O Pereiro chegan á súa fase final. Unha vez completada esta parte soamente restará o acondicionamento dos arcéns e a correspondente sinalización horizontal e vertical para dar por concluídos os traballos que está a desenvolver a empresa Construcciones López Cao.

Grazas a esta obra a plataforma da calzada amplíase en seis metros máis ata alcanzar os 10,60 metros. Nese espazo -que nestes momentos está a ser pavimentado- habilitaranse carrís para cada sentido de circulación, senda peonil diferenciada e separada do ámbito para os vehículos, e espazo de aparcamento nunha das marxes e arcén. En total a superficie afectada é de 8.140 metros cadrados.

Nas fases iniciais da execución do proxecto leváranse a cabo o movemento de terra, a explanación do terreo, as canalizacións soterradas dos diferentes servizos e a renovación das tubaxes das redes de abastecemento e recollida de pluviais.

Esta intervención está incluída no Plan especial de equipamentos educativos do CEIP Otero Pedrayo, xa que facilitará os accesos ao colexio tanto para os autobuses do transporte escolar como para os vehículos particulares e as persoas que acoden ao centro a pé, mellorándose ao mesmo tempo as comunicacións desde esa zona cara outros puntos próximos da parroquia de Vilaño como son o castro de Montes Claros ou a praza da Areosa, na que se sitúan a igrexa de Santiago e o centro sociocultural. O orzamento alcanza os 243.000 euros e finánciase integramente con fondos propios municipais.

22 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.