Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entrega de 50 composteiros aos veciños e veciñas de Coristanco

Un técnico de Sogama dará pautas aos participantes para conseguir un proceso de compostaxe eficaz

Hoxe e mañá, ás 19.30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples; o Concello de Coristanco, adherido ao programa de compostaxe doméstico de Sogama, fará entrega de 50 composteiros a aqueles veciños e veciñas que así o solicitaron. A entrega, que se fará de forma escalonada e seguindo as recomendacións sanitarias vixentes, irá acompañada dun manual de compostaxe doméstica así como da intervención dun técnico de Sogama quen facilitará as pautas necesarias e o apoio para conseguir un proceso de compostaxe eficaz. Aquelas familias que queiran participar no programa poderán realizar a inscrición no mesmo a través da Sede Electrónica ou nas Oficinas Xerais do Concello de Coristanco.

Para máis información ponse a disposición unha páxina específica de consulta www.compostaconsogama.gal.

Ante calquera dúbida, poden contactar no 981 73 30 01.

15 sep 2020 / 19:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.