Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Entregados os premios dos concursos de Nadal en Cabana

O Concello de Cabana de Bergantiños fixo entrega dos premios dos concursos ‘Crea a túa postal de Nadal’ e ‘Cantar e Contar’, que recompensaron a orixinalidade e calidade artística de todas as persoas participantes.

Os gañadores e gañadoras recibiron unha cesta personalizada de produtos típicos do Nadal. Este xesto pretende “seguir motivando a toda a veciñanza a participar nas iniciativas culturais que se promoven desde o Concello”, segundo explicou o goberno local.

No certame de panxoliñas de ‘Cantar e Contar’, o de María Gómez Mourelle foi seleccionado coma o mellor vídeo infantil, mentres que Marisol Gabín Martínez obtivo o galardón na categoría adulta. En canto á sección de tradición oral dese mesmo concurso, o xurado concedeulles a Sofía Souto Pose e a Ana Cancela Mato a distinción de mellor vídeo infantil e xuvenil, respectivamente.

Finalmente, en ‘Crea a túa postal de Nadal’ premiáronse os traballos de Carmen Ferreiro Varela, Noé Souto Pose e Alba Doldán Méndez, que, nesa orde, foron seleccionados como mellor postal infantil, xuvenil e para adultos.

16 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.