Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Entregados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal na Laracha

O acto de entrega, dividido en dúas partes, tivo lugar hoxe na Casa da Cultura // Estivo presente o alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura, Patricia Bello

A Laracha. O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, entregaron hoxe os doce agasallos aos premiados nos concursos de postais e contos de Nadal organizados polo Concello e nos que se convidou a participar ao alumnado dos colexios.

O acto desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha e foi dividido en dúas partes para posibilitar o cumprimento do aforo máximo permitido na sala. Así, primeiro foron entregados os premios colectivos ás aulas de educación infantil. Posteriormente, repartirónse os agasallos individuais ao resto de galardoados.

O xurado estivo formado por técnicos municipais e representantes dos CEIPs Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. Os premios consistiron en libros, material educativo e xogos adaptados ás idades dos gañadores.

LISTAXE DE PREMIADOS NO CONCURSO DE POSTAIS. Categoría A (educación infantil): Aula de 6ºA do CEIP Otero Pedrayo, Aula de 4º e 5º do CEIP de Caión e aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas.

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria): Andrea Regueira Cotelo (2º do CEIP Alfredo Brañas), Adrián Cambón Andrade (2º do CEIP de Caión) e Lucía Lamas Pérez (1º do CEIP Otero Pedrayo).

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria): Noa González Pena (3º do CEIP de Caión), Adriana Lareo Balado (3º do CEIP de Caión) e Román González Otero (3º do CEIP Alfredo Brañas).

GALARDOADOS NO CONCURSO DE CONTOS. Mauro Regueira Caamaño (6º do CEIP Otero Pedrayo) por O espíritu do Nadal, Marcos Rodríguez Pérez (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Una navidad diferente e Zaira Lorenzo Rodríguez (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Os xoguetes non teñen xénero. No concurso só podía participar alumnado do terceiro ciclo de Primaria.

23 dic 2020 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.