Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
MEDIO AMBIENTE. A obra de Fabián Lage, situada no mirador de Santa Irene, foi feita con materias reciclados e quere poñer en valor un insecto único que habita nas praias de Razo e Baldaio //Alimentase de pulgas e é un limpador de areais TEXTO J. Ramos

Escarabello escultórico dunha especie en perigo de extinción en Carballo

Dende este sábado, quenes acudan a desfrutar das fermosas vistas que se poden contemplar dende o mirador de Santa Irene, na parroquia de Castrillón (Carballo), atoparánse cun insecto xigante pero inofensivo.

É unha reprodución escultórica dun Eurynebria complanata, máis coñecido como nebria das praias, un escarabello que habita nos areais de Razo e Baldaio e que está en perigo de extinción. De darlle forma encargouse o artista carballés Fabián Lage, quen empregou para elo madeira reciclada de árbores enfermas dos xardíns municipais e tamén os restos das antigas vallas e outros materiais vellos.

“O que pretendo é dar a entender que é unha especie en perigo de extinción e si non facemos nada o que nos atoparemos no futuro son escenarios apocalípticos, do estilo de Mad Max ou algo así. Imos ter unha metade de animais biónicos e outra metade de naturais, porque outra cousa non nos vai quedar”, alertou o escultor bergantiñán.

No acto inaugural da obra artística participou tamén Jorge Ramos, do colectivo Hábitat, quen subliñou que “é algo salientable, porque non debe de haber moitas esculturas de escarabellos en todo o territorio nacional nin en Europa”. Asegurou que a nebria das praias é un insecto que se pode atopar tanto nas costas inglesas como nas de Alemaña, Bélxica, Italia e incluso no norte de África. “É algo que nos ten que unir en prol da conservación da natureza e de espazos como Razo-Baldadio, que son moi emblemáticos pero tamén moi fráxiles”, afirmou.

Esta franxa da costa carballesa, engadiu, acolle flora e fauna que podemos atopar en moitos puntos de Europa, “pero como conxunto é único, pois aquí hai especies da costa coruñesa e galega que non se atopan nin en Corrubedo”.

Respecto ao escarabello subliñou que “é unha especie única, que se alimenta das pulgas da praia, e é un limpador de areais”. Curiosamente, sinalou, a limpeza excesiva que se fai actualmente destes espazos “está acabando coa nebria e coas pulgas de praia”. Sinalou ademais que a píllara das dunas, outra especie emblemática de Razo e Baldaio, “tamén depende deles, polo que se está producir un efecto dominó que pon en perigo todo o ecosistema destes areais”.

No acto tamén participou a concelleira de Mocidade, Normalización Lingüística e Festas, Maruxa Suárez, quen asegurou que decidiron ubicar a escultura neste enclave porque “é un insecto indicativo da salubridade das nosas praias”. Ademais, engadiu, “queremos poñer en valor este miradoiro de Santa Irene para que a xente se achegue aínda con máis gañas aquí a Castrillón”.

A escultura do escarabello vén a complementar a da píllara das dunas, elaborada no 2019, e á do arroaz feito con plástico reciclado o ano pasado. Todas elas están enmarcadas no proxecto Eu quero Razo-Baldaio impulsado polo Concello de Carballo, e co que se pretende crear hábitos de turismo consciente non litoral. A programación deste ano inclúe roteiros polo patrimonio, limpezas colectivas das praias, unha saída nocturna pola Eira das Meigas, obradoiros de biodiversidades ou rutas ornitolóxicas, entre outras propostas. Colaboran coa iniciativa colectivos, como Senda Nova, Hábitat ou Adega, entre outros.

11 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.