Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Esixen melloras para que non se inunde un edificio da travesía de Ponteceso

PONTECESO. A comunidade de propietarios do edificio 50-52 da Avenida de Bergantiños, de Ponteceso, demandan ao alcalde que “cumpra coa súa palabra e faga a obra que evitaría as inundacións no garaxe do inmoble”. Sinalan que levan máis de un ano “esperando polo arranxo”, que consistiría en recoller as augas pluvais dunha zona común adicada a aparcamento e da rúa paralela ao edificio.

Din que, despois duns traballos de desmonte e limpeza acometidos polo concello “o problema agravouse e cando chove entranos a auga pola rampa e polo conducto de ventilación do soto”. Os afectados non queren que as súas reivindicacións se vinculen coa situación política na Corporación local.

O alcalde, Lois García, recoñece que é preciso mellorar a recollida de pluviais, “e xa fixemos unha pequena intervención, e agora estamos á espera de que a Xunta mellore tamén unhas canalizacións. O que se pode facer facémolo ata onde nos é posible”.

03 mar 2021 / 17:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.