Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estación de lavado para bicicletas en A Laracha

O Concello larachés instalou e puxo hoxe en funcionamento unha estación de lavado de bicicletas na rúa Manuel Murguía da Laracha, xunto ao IES Agra de Leborís.

Este novo equipamento, que xa está a disposición da cidadanía, é público e de uso gratuíto. Consta dun espazo no que introducir a bicicleta, mangueira de auga a presión e catro cepillos para a limpeza manual asegurados con cables e que presentan diferentes características.

O Concello considerou que esta localización era a máis axeitada para implantar o o lava-bicis tendo en conta a súa situación estratéxica, dentro do núcleo urbano da capital municipal, nunha zona residencial que tamén é un punto de encontro para as familias pola presenza dos parques infantís da Praza o Recreo e para a mocidade por situarse xunto ao centro de ensino. Ademais, está nas proximidades da piscina e da nova zona deportiva que o Concello está a crear pola parte posterior do instituto.

Agardan que a estación de lavado “sexa un incentivo para que a bicicleta gañe terreo na Laracha como un medio de transporte máis sostible e saudable”.

28 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.