Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Estudantes e voluntarios limparon a praia de A Ermida de Corme

BERGANTIÑOS. O Concello de Ponteceso sumouse á xornada de sensibilización e limpeza na praia de A Ermida, en Corme, dentro do programa Mares Circulares de Coca-Cola. Na xornada participaron estudantes de 4º da ESO do IES Eduardo Pondal, veciños e veciñas de Ponteceso, xunto cos traballadores e voluntarios de Coca Cola que se desprazaron ata o municipio. Ao rematar a actividade realizouse un obradoiro de sensibilización no instituto pontecesán, a cargo de Antonio Castro da Asociación Chelonia. No encontro falouse da importancia da recollida e clasificación dos residuos.

Con esta acción conmemórase o Día Mundial do Reciclaxe (17 de maio) que se celebra co obxecto de concienciar á sociedade da importancia de realizar un correcto reciclaxe e xestión dos residuos así como da Economía Circular. Mares Circulares é un proxecto integral con enfoque científico que contempla unha triple perspectiva: a intervención no ámbito acuático, a sensibilización da cidadanía e recollida de datos científicos e o respaldo a estudos e start-ups para solucionar a problemática do lixo mariño a través da economía circular.

Desde 2018 Mares Circulares leva recollidas mais de 1.513 toneladas de residuos, formado e sensibilizado a 63.669 persoas e apoia 12 estudos científicos e 4 Start-Ups entorno a esta problemática.

19 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.