Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Ex edís do PSOE culpan ao partido da situación que vive Ponteceso

Bergantiños. Susana Toja, Isabel Vuelta e José Luis Pena, ex concelleiros do PSOE na pasada lexislatura, súmanse ás críticas dos edís díscolos co alcalde, Lois García, e culpan da situación á dirección provincial do partido. Din que dende o 2018 son coñecedores de “quen é García Carballido e puideron e poden parar a situación esperpéntica que vivimos en Ponteceso”. Pregúntanse porque se protexe ao rexedor “ocultando información sobre as renuncias e a formación dunha nova executiva local”. Din que a anterior dimitiu en bloque ao rematar a última lexislatura e formouse outra con “persoas afíns a Carballido”.

Lembran ademais que recentemente dimitiu tamén o novo secretario da executiva local e acusan ao alcalde de “mentir aos medios de comunicación cando fala do apoio da agrupación local de Ponteceso”. Aseguran que despois de varias xuntanzas co presidente e o secretario provincial do PSOE “para advertirlles do que podía pasar se non paraban a Lois García, permitiron que se desfixera unha agrupación local na que semrpe reinou o compañeirismo, e o seu secretario xeral, Pepe Mato (xa falecido) loitou ata o último momento para evitar todo o que agora está sucedendo en Ponteceso”.

28 nov 2020 / 19:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.