Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Exporán en Dombate a mostra fotográfica ‘Mar de Ardora’

O centro arqueolóxico do dolmen de Dombate acollerá o venres, día 18 ás 18.30 horas, a presentación da obra Mar de Ardora, da fotoxornalista Ana María García Suárez, editada polo Clúster de Turismo de Galicia. O evento está organizado por esta entidade en colaboración coa Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Cabana de Bergantiños.

Neste percorrido fotográfico pola Costa da Morte, Ana García capturou o fenómeno marítimo nocturno en localizacións como a praia de San Pedro e a de Rebordelo en Cabana, a de Balarés en Ponteceso, a de Riás en Malpica, ou o areal de Laxe. A luminosidade azul sobre as augas do Atlántico constitúe todo un espectáculo natural que durante os últimos anos está a atraer cada vez máis persoas aos areais cabaneses nas noites de verán.

Dentro da aposta por un turismo sostible e respectuoso polo medio ambiente, desde o Concello de Cabana lémbrase a necesidade de respectar os espazos naturais e non dificultar o acceso achegándose en vehículos nos casos nos que non sexa necesario.

17 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.