Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Falece un motorista de 30 anos nun accidente en Cabana de Bergantiños

Outras dúas persoas resultaron feridas logo dunha colisión entre un turismo e dúas motos e tiveron que ser trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee

Un motorista de 30 anos, veciño de Neaño (Cabana de Bergantiños) falecía na noite do xoves nunha colisión na que se viron involucrados un turismo e dúas motos. O tráxico suceso tivo lugar ás 21.30 horas na estrada que une Canduas con Laxe, a altura do lugar de Rebordelo.

Un particular chamou ao 112 Galicia para informar do accidente e comunicou que os implicados estaban feridos e que semellaban graves. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia alertaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Carballo, ao Ges de Ponteceso e aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061.

Unha vez xa no lugar dos feitos, os servizos sanitarios confirmaron ao 112 que había unha persoa falecida pola que, lamentablemente, nada se puido facer, e outras dúas feridas que foron trasladadas ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

09 abr 2021 / 10:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.