Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece unha veciña de Nemeño que foi atopada dentro do pozo da súa vivenda

O corpo atopábase a máis de cinco metros de profundidade e foi rescatado polos bombeiros de Carballo // A Garda Civil abriru unha investigación

Os bombeiros do parque comarcal de Carballo recuperaron esta mañá o corpo dunha muller de 76 anos que foi localizado no interior do pozo de auga da súa vivenda, no lugar de Santo Tomé, pertencente á parroquia de Nemeño (Ponteceso). Foron alertados polo CIAE112 ás 10.53 horas, e ao chegar ao punto a Garda Civil informoulles de que a persoa xa estaba falecida.

O seu labor centrouse no rescate do corpo do interior do pozo mediante un sistema de polipastos con cordas para así poder extraelo ao exterior. Aseguran que as tarefas de evacuación foron complicadas “xa que o corpo da vítima atopábase entre cinco e seis metros de profundidade e o diámetro do pozo era moi estreito”.

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer o sucedido. Ao parecer, quen alertou do sucedido foi a persoa que lle prestaba asistencia social á falecida, a cal vivía soa na súa casa de Santo Tomé.

05 may 2021 / 19:06
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.