Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fallado o concurso de marcapáxinas das Letras Galegas do Concello da Laracha

Xa hai gañadoras do concurso de marcapáxinas organizado polo Concello da Laracha no marco do programa de actividades en torno ao Día das Letras Galegas para o alumnado de educación primaria. O xurado, tras valorar todos os traballos presentados, acordou premiar a Sofía Queijo Rey por Soñar esperta, cos ollos abertos e Vera Castro Cacharrón por Un conto, na categoría de 1º, 2º e 3º; e a Uxía Rodríguez Cotelo por Eu elixo ler e Noa Cabezas Martínez por Os extraterrestres tamén len, na de 4º, 5º e 6º.

As catro galardoadas recibirán como agasallo lotes de libros e material didáctico adaptado ás súas idades. A entrega dos premios será o venres 27 de maio ás 19.00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Ademais, os traballos que obtiveron o primeiro premio de cada categoría serán editados polo Concello e distribuídos como os marcapáxinas oficiais da Rede de Bibliotecas Municipais.

Os marcapáxinas permanecerán expostos ao público durante os próximos días na biblioteca larachesa.

19 may 2022 / 19:46
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.