Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Firmado o novo contrato do servizo de axuda no fogar larachés

Adxudicouse por un importe de 3,2 millóns de euros // A empresa adxudicada é a mesma que prestaba o servizo nos últimos meses

A Laracha. O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela e a xerente da empresa Siad 24 Galicia S.L. formalizaron o novo contrato do servizo de axuda no fogar (SAF) que entrará en vigor o 1 de xaneiro.

O acordo rubricado por ambas partes ten unha duración máxima de catro anos (dous prorrogables por outros dous máis) e foi adxudicado por un importe total de 3,2 millóns de euros. Contempla a prestación anual de 12.000 horas de servizo básico e outras 47.334 de servizo de dependencia.

MENOR CUSTO DO SERVIZO E MESMO PERSOAL. As novas condicións establecen que o prezo por hora do servizo básico é de 19,53 euros de luns a sábado e de 20,63 euros os domingos e festivos, mentres que os do servizo de dependencia serán de 18,46 euros de luns a sábado e de 19,50 os domingos e festivos. Dado que o custo do servizo é inferior ao estipulado no contrato anterior, aos usuarios do SAF pola modalidade de libre concorrencia aplicaráselle a rebaixa económica proporcional.

Siad 24 Galicia S.L. é a mesma empresa que viña prestando o SAF no Concello da Laracha nos últimos meses, polo que o persoal que se encargará da atención domiciliaria será o mesmo que realizaba os traballos con anterioridade. Os usuarios tamén poderán beneficiarse do novo sistema de xestión a través dunha aplicación informática, do equipamento extra e dos servizos complementarios que ofertou a empresa no procedemento de contratación.

29 dic 2020 / 17:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.