Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fonte do Castro delega a xestión da recadación da auga na Deputación

A comunidade veciñal de Corcoesto é a primeira de Galicia en optar por este modelo

Cabana. A comunidade de augas Fonte do Castro, da parroquia de Corcoesto (Cabana de Bergantiños), é a primeira de Galicia en delegar a súa xestión recadatoria na Deputación da Coruña.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o representante da entidade, José Luís Vázquez Varela, asinaron o acordo polo que esta comunidade contará cunha xestión tributaria profesionalizada a través dos servizos da institución coruñesa.

A referida comunidade veciñal toma auga do manantial de Fonte do Castro desde hai máis de sesenta anos e distribúea a través dunha rede de abastecemento comunitaria, autorizada por Augas de Galicia e renovada integramente nos últimos anos con axudas da Deputación da Coruña. A rede de abastecemento da servizo actualmente a 76 vivendas da zona.

Dende o organismo provincial sinalan que, “grazas a este acordo pioneiro, a comunidade delega no servizo de Xestión Tributaria da Deputación o cobro en período voluntario e executivo dos ingresos de dereito público da entidade”. O convenio ten unha vixencia de catro anos, que poderá prorrogarse por outros catro co acordo mutuo das dúas partes.

PONTECESO. Por outra banda, a Deputación da Coruña vén de anunciar a licitación das obras de mellora e renovación do firme dos tres primeiros quilómetros da estrada provincial DP 6805 de Campara a Pazos, en Ponteceso, cun investimento de 369.774,72 euros.

É unha das demandas que o alcalde pontecesán, Lois García Carballido, trasladou ao presidente provincial co obxectivo de mellorar a seguridade vial nunha estrada que rexistra un elevado tráfico de vehículos. As obras comezarán coa apertura de cunetas e limpeza das marxes do vial, e despois repararán as zonas máis danadas do firme e acondicionarán os accesos para evitar que entre auga nas vivendas. M. LAVANDEIRA

21 dic 2020 / 18:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.