Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Fonteboa desenvolve un proxecto para o uso dos drons no medio rural

    PONTECESO. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no Couto (Ponteceso) na presentación do proxecto Agrodon desenvolvido pola Escola Familiar Agraria Fonteboa de Coristanco, e impulsado a través do programa Iniciativa Xove da Xunta. A iniciativa procura a capacitación de mozas e mozos no uso de drons como ferramenta de traballo no medio rural.

    Con tal fin prográmanse obradoiros para axudarlles na obtención da licenza de piloto, para familiarizalos na construción deste aparello e para darlles a coñecer as posibilidades profesionais destes dispositivos. A Xunta financia a través de Iniciativa Xove 85 proxectos liderados pola xuventude, nos que a mocidade é a protagonista, a través da planificación e realización das actividades. A achega para tal fin é de preto de 400.000 euros. M. L.

    30 oct 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.